SOUNDTRACKS: A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #

ARTISTS: A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #







All lyrics are the property and copyright of their owners. All lyrics provided for educational purposes only.

Olla Meu Irmao Lyrics by Luar Na Lubre 



Olla Meu Irmao by Luar Na Lubre


Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del

O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor

O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido

O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol
O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre

O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil

Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume

Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso

I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.